Infantil feminino. Galicia loitaba contra Canarias por un posto na final, pero non foi posibel (23-17). Era a segunda vez que Galicia xogaba contra Canarias neste torneo (perdera o primeiro encontro) e aínda que as nosas rapazas tiñan ganas de devolverlles a moeda, non foi posíbel. Galicia, cunha defensa 6.0, fixo un gran traballo nas tarefas defensivas e apenas encaixou goles, pero en ataque estaba atascada. Así, erraron clarísimas ocasións de gol e acusaron o cansanzo acumulado. Mañá, tentarán conseguir a medalla de bronce contra Navarra as 9:30 e quitar así o mal sabor de boca do partido de hoxe.
A selección galega infantil feminina, que deixou os nervos atrás, acadou o pase ás semifinais ao superar a Madrid (19-23). O equipo saíu moi concentrado ao campo e realizou unha moi boa primeira parte na que estiveron sempre por riba no marcador. A segunda parte comezou cunha pequena recuperación por parte das madrileñas, pero as galegas non estaban dispostar a perder este importante partido e mantiveron a distancia no marcador.
Mañá as rapazas terán un partido importantísimo fronte a Canarias (10:30 horas), no que tentarán conseguir o pase á final.
E tamén houbo premio para o equipo cadete masculino. Galicia enfrontouse a Castela e León e logrou unha moi ampla vitoria que confirmou a superioridade dos galegos. Mañá toca a loita pola final e enfronte estará Madrid (10:30 horas).
A desilusión foi para o equipo infantil masculino, xa que non superou os cuartos fronte a Andalucía (25-34). O conxunto galego non puido poñerse por diante no marcador en ningún momento (ao descanso, 15-20), e os andaluces lograron unha ampla vitoria. Hoxe, o conxunto galego xogará contra Valencia (10:30 horas), na loita polo quinto posto.
E xa para rematar, suliñar que a selección cadete feminina, que quedara fóra dos cuartos, onte gañou a Navarra nun cómodo encontro (29-19), e mañá loitará polo noveno posto na clasificación final fronte a Catalunya (13:30).
Infantil masculino. Galicia gañou á Comunidade Valenciana por dous goles de diferenza (29-27) e mañá disputará contra Asturias o quinto posto (11:00 horas).
Cadete feminino. A selección galega finalizou a competición cun triunfo fronte a Catalunya (28-17) e rematou o campionato na novena posición.

A SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA, NAS SEMIS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA
