É sábado 18 de Febreiro e comeza o Entroido en Pontevedra. Imos visitar a comarca de Oleiros para xogar co Ártabro no colexio Valle Inclán de Perillo.Toca madrugar, levantarse ás sete e media para sair ás oito e media para chegar ás dez e xogar ás once, nunha mañá fria e soleada en Oleiros. Na cancha parecemos traballadores de conxelados, exalando aireadas de vao nas mans para quentar un pouco.
Os páis acompañantes, escaparon no bus nada máis entrar no pavillón, a tomar algo quente nos arredores de Perillo, mentres os xogadores tentaban quecer o pavillón a base de carreiras e balonazos.Ás once en punto comeza o partido, cando os cafeteros entran pola porta para animar ó seu equipo.O xogo do primeiro tempo foi moi igualado, sempre empatados ou un gol arriba ou abaixo. David Dozo, adestrador do Teucro Cover, decatouse da rapidez de xogo dos de Oleiros e do dano que nos estaban facendo dende o extremo esquerdo e as fintas do número sete polo centro. Temos que reforzar a defensa e sair no segundo tempo con máis intensidade e rapidez.
O remate do 1º tempo o resultado no marcador foi de 15-16.Arrancamos o 2º tempo cun parcial de 3 goles que nos poñen as pilas para chegar con ritmo ascendente ao minuto 15 cunha diferencia de cinco tantos 20-25. O cansancio comeza a facer os seus efectos nos dous equipos para rematar o partido cun marcador favorable para o Teucro de29-35, dous puntiños máis que nos manteñen na cabeza da clasificación.O partido foi arbitrado por un só colexiado, o outro non se presentou, pero ademáis os goles que aparecen reflexados na acta non se parecen nada á realidade. Hai que ter en conta que os delegados asinan a acta ao comezo dos partidos como responsables.
Ao remate do partido o árbitro reparte os goles como lle parece e entrega unha copia para cada equipo. Atopamos que Segio Altirriba marcou 7goles, cando foron 10, Marcos Pérez 4 e foron 8, David Rey 1 e foron 4, Sergio Lorenzo 1 e foron 4, Pedro Sánchez 3 e foron 2, Oscar López 4 e foi 1, Alex Gómez 3, Cristian 2 , e Rainier 5 e foi 1;algún saiu gañando... pero o noso porteiro David Fernández meteu 1 e non foi en propia...Eu non o vin.Procuremos facer todos o noso traballo mellor, e todo irá moito mellor.
Crónica:Santiago Rey.
Fotos: Javier Lorenzo
Esto es Balonmanoazul![]()









