Comenzou o Teucro o partido un pouco descentrado . O SAR presionaba individual e rouba balons e xogando moito co pivote que se xiraba ben e marca varios goles, o que fai que en poucos minutos se vaia no marcador. O Teucro mal en ataque non atina cos lanzamentos pero en defensa corrixe e empeza a defender mellor ó pivote do SAR. No primeiro cuarto non da tempo a que o Teucro reaccione e perdeo por 4 – 2.
O segundo cuarto foi de dominio do Teucro que marcou rápido e controlou o resultado do parcial con unha boa defensa e acertados en ataque, algun gol de contraataquee unha vez que correxiron o tiro e empezaron a tirar abaixo como lles indicou o entrenador. Resultado de 3 – 7.
O terceiro cuarto comeza igual que oprimeiro pero coa defensa xa metida no partido e sin deixar que o SAR meta goles fáciles, en ataque mais do mesmo, tiros arriba que o porteiro (moi alto) rechaza ou saen por pouco. Os ultimos minutos son un correrúas para os dous equipos e na última xogada, os arbitros pitan penalti a favor do SAR, xa co tempo cumplido e o marcador 2-2. Máximatensión que parecía que lle iba fastidiar ó Teucro o bo traballo feito nese cuarto, pero apareceu o porteiro Hugo que con unha boa intervención saca un penalti decisivo.
O derradeiro cuarto foi moi igualado, pero o Teucro aguantou un pouco mellor o cansancio e puido facerse con este cuarto por 1 – 4, cosechando así a terceira victoria e conseguindo 5 puntos.
Moi,moi ben rapaciñ@s. Pasiño a pasiño ándase o camiño.
Crónica : Xulio Blanco









