Sábado 11/02/12 Hora: 12:30 Lugar: Multiusos a Xunqueira
Bo encontro na casa. Seguimos mellorando.
Aindaque o resultado foi negativo, a sensación que nos queda é agradable despois de poñérllelo moi difícil a un equipo que vai na parte alta da clasificación.
Boa defensa pero en ocasións insuficiente para parar o ataque do Octavio que ten uns lanzadores e fintadores moi bos.
En ataque non tan ben coma en defensa pero movéndoseben e chegando a crear ocasións que nonse culminaban polos postes ou o porteiro.
No primeiro cuarto gaña o Octavio (1-4) pola mellor selección de tiro e polo contraataque
No segundo cuarto o Teucro ten posibilidades de empatar o encontro en varias ocasións pero non o consigue.
O terceiro cuarto era doTeucro.
Empeza marcando o Teucro, ó Octavio cústalle moito empatar. O Teucro ten varias ocasións para irse de dous pero ou facían pasos antes de lanzar ou pisaban a liña de seis metros. No derradeiro minuto con resultado 1-1, penalti a favor do Teucro, lanza Migui pero o porteiro rechaza, recolle Migui o rechace, e o porteiro volta a parar o lanzamento. Nesa xogada, contraataque do Octavio faltando poucos segundos, lanza e marca un gol que entra chorando. Mala sorte para o Teucro que perde o cuarto inmerecidamente.
O derradeiro cuarto volveu agañar o Octavio, xa sen presión do marcador e polo golpe moral que lle produciu ó Teucro o resultado do terceiro cuarto.
¡¡¡Seguide así !!! que a diferencia de xogo entre os equipos de arriba e o Teucro cada día é mais corta..









