INICIO Club Noticias Generales INFANTIL A BM Lalín 30 - 28 Teucro Cover
Jueves, 16 de Febrero de 2012 09:46

BM Lalín 30 - 28 Teucro Cover

  • tamaño fuente reducir tamaño fuente reducir tamaño fuente aumentar tamaño fuente aumentar tamaño fuente
  • Imprimir
  • E-mail
Vota este articulo
(0 votos)

Chegamos a Lalín en vísperas da festa grande do Cocido, moi confiados pero un tanto espesos en xogo.

Inauguramos o marcador cun tanto dende 7 metros de Marcos Pérez, que está realizando unha boa temporada, e continuamos en ascenso chegando a indicar no luminoso unha diferencia de 6 goles ós 10 minutos de partido.
O Time out solicitado polo adestrador do Lalín e os cambios de David Dozo no Teucro Cover, conducíronos a unha recaida con grandes fallos defensivos.Os intentos de Cristian e Sergio Lorenzo dende os extremos non resultaban ser positivos.Perdendo balóns adiante e sin defender intensamente, o partido vese empatado a 12-12 no minuto 20, chegando ó descanso a quedar 3 goles por debaixo dos de Lalín 15-12.
Andrés Rey realizou un traballo impecable na portería durante todo o partido. A defensa non era quen de apañar os rechaces e o balón remataba nas redes en segunda oportunidade.Coa portería vendida e fallando os ataques, o partido estaba tomando mala pinta para o Teucro Cover.Os de Lalín aproveitaron a debilidade para poñerse moi por diante no marcador.No minuto 17 o porteiro de Lalín (Uxío) recibiu un balón na cara que o fixo sangrar polo nariz. Sustituido o porteiro, parecía que podería debilitarse a portería lalinense, pero non foi así, o porteiro reforzado en actitude estaba parando todo.
No segundo tempo, o Lalín saiu á cancha realizando un parcial de 5 goles en 5 minutos e os cambios de Dozo non atopaban resultados efectivos, chegando ao minuto 20 cun 29-22. O Time out empeza a ter bos resultados, ainda que agora non queda tempo para empatar e remontar. Nos últimos 5 minutos un parcial de 6 goles do teucro levanos ao final do partido cun resultado de 30 - 28.


Goles de: Marcos=8, Alex Gómez= 3, David Rey= 6, Oscar= 2, Sergio Lorenzo= 2, Cristian=1, e Sergio Altirriba=6.


Andrés non colocou ni un, pero tivo unha gran actuación.
David non pudo participar. Hai que ter paciencia e tentar entender aos adestradores...
Ánimo chavales , que un dia malo teno calquera.
A entrenar BEN para xogar BEN

 

Crónica: Santiago Rey

Fotos: Javier Lorenzo

Esto es BalonmanoAzul guerrero

Álbum Completo camarafotos

Ultima modificacion el Jueves, 16 de Febrero de 2012 10:09
facebook teucro
Estamos en twitter
Nuestros Videos
Noticias