Sábado 04/02/12 Hora: 12:30 Lugar: Multiusos a Xunqueira
Os partidos da casa atragantanse.
Despois dunha vitoria en Vigo a semana pasada, o enfrontamento con un equipo que vai por riba na clasificación, ía ser todo un reto para os nos@s pequen@s .
En ningún momento púidose facer o Teucro con este partido. O Moaña foi superior sobretodo no contraataque.
A diferencia estivo na subida do balón rápida e no potente lanzamento das xogadoras do Moaña.
Con dúas boas xogadoras,bastoulle ó Moaña para levar de cara sempre o resultado no marcador.
En xeral, bastante atascados en ataque, con poucos recursos cando nos fan unha defensa individual moi presionante.
En defensa bastante ben, aínda que se enfrontaban a un equipo que xoga moito con pase interior (cós pivotes), foron ben defendidos.
¡¡¡Escollemos un mal momento para nos acostumar ás vitorias!!!.
Non pasa nada rapaziñ@s, estamos aprendendo moito. So necesitamos que o pasedes ben e desfrutedes co Balonmán, os resultados veñen chegando pouco a pouco.
¡¡¡Animo e a seguirprogresando!!!!
1º CUARTO. TEUCRO : 1 MOAÑA : 5
2º CUARTO. TEUCRO: 3 MOAÑA: 11
3º CUARTO. TEUCRO: 1 MOAÑA: 7
4º CUARTO. TEUCRO: 1 MOAÑA: 6
Xogadores: Miriam Blanco, Andrés Cáceres, AnxoLois, Natalia Maquieira, Hugo Marrero, Juan Sobral, Sergio Pérez , Anxo Vidal, Sergio Martínez, MiguelJiménez e ausencia de Raquel Muñoz.
Crónica: Xulio Blanco.














