O Domingo nos visitaron os xogadores da Terra das Burgas, o Balonman Pavellón Ourense no multiusos de A Xunqueira.
Os xogadores do Teucro Cover entran na cancha confiados de máis na victoria, pero nunca debemos baixar a garda e procurar xogar con seguridade.
Comeza o partido e ata o minuto 3 non entrou o primeiro tanto por parte do Teucro da man de Marcos Pérez que ven realizando un gran xogo nos últimos partidos chegando a colocar hoxe ata 10 goles.
Hai que salientar o xogo de Raul co nº7 de Ourense con 6 goles no seu haber.e tamén a actuación dos xogadores 13 e 18 con 4 e 6 tantos respectivamente, ainda que todos interviron con intensidade e xogo limpo durante todo o partido.
Por parte do Teucro Cover os goles estiveron moi repartidos con Sergio Altirriba 8 goles,Oscar 3, David Rey outros 3, Cristian 4, Alex Gómez 2 goles, Javier Noya 1, e Alex Ardao outro gol.No primeiro tempo o resultado foi de 17-10, con Andrés Rey defendendo con agudeza e reflexo a portería teucrista e no 2º tempo os porteiros David e Andrés Rabuñal realizaron un traballo excelente baixo paus. O resultado final 33-17.
Noraboa e a seguir traballando...
Crónica: Santiago Rey
Isto e BalonmanAzul ![]()



















