Nesta xornada, visítanos o equipo do Bueu Atlético, que están de terceiros na clasificación da táboa. Xa na cancha, os primeiro minutos de partido, o Bueu arranca moi forte, poñéndose por diante no marcador, e o Teucro Cover non atopa conexión entre os seus xogadores. Varios fallos en defensa e pérdidas de balón en ataque, fixeron que o equipo visitante dominara o marcador ata o minuto doce de partido.
Os goles de David Iglesias, estaban a facer moito dano na portería, defendida intensamente por Andrés Rey, que soubo frear algún que outro “cañonazo” do Bueu. Xa chegando o minuto 15, gracias os goles marcados por Sergio Altirriba, Cristian, Marcos e Oscar, conseguiron poñer por riba o marcador do equipo locar, acadando un resultado de 10 -6. Finaliza o primeiro tempo con un 17-13 a favor do Teucro.
No segundo tempo a superioridade do Teucro Cover foi notoria, chegando a acadar unha diferencia de 10 tantos, con goles de Sergio Lorenzo, Alex Gómez, Pedro, e outros, rematando o partido cun resultado de 31-23.
Noraboa a todos..
Crónica: Santiago Rey
Fotos: Javier Lorenzo y Jose L. Gomez
Esto es BalonmanoAzul ![]()









