- siguen:345
Loading script and Flickr images
Domingo 6/05/12 Hora: 10:00 Lugar: Estadio da Xuventud Pontevedra
Outro bo encontro contra os lideres da categoría. Os pequenos dan a cara en partidos dificiles, que lonxe de dar o partidop por perdido, foi mais disputadono terreo de xogo que no rsultado dos parciales.
En xeral foi un gran partido tendo en conta que o Cisne é moi superior ós nos@s pricipiantes xogadores-as.
No segundo cuarto o resultado estivo a punto de gañalo o Teucro, pero fallouse na definición, habendo ocasións moi claras para levarse o Teucro o resultado final dese parcial.
Ó final imperou a maior experiencia dos rapaces do Cisne, sendo normal a vitoria final. ¡¡¡ Cando queredes facedelo de maravilla!!!. ¡¡¡Aupa Teucro!!!
1º CUARTO.
CISNE : 9 TEUCRO : 1
2º CUARTO.
CISNE: 4 TEUCRO: 3
3º CUARTO.
CISNE: 13 TEUCRO: 4
4º CUARTO.
CISNE: 8 TEUCRO: 3
Xogadores: Miriam Blanco, Andrés Cáceres, Anxo Lois, Natalia Maquieira, Hugo Marrero, Raquel Muñoz, Juan Sobral, Sergio Pérez, Anxo Vidal, Sergio Martínez e Miguel Jiménez
Esto es Balonmanoazul ![]()
Sábado 28/04/12 Hora: 12:30 Lugar: Multiusos A Xunqueira
Bo encontro xogado polos Alevíns B, tendo opcións de gañar algún parcial.
O encontro foi moi axustado no marcador e no xogo.
O primeiro cuarto saliron ben pero non chegan a concretar as ocasions e nunca nos puidemos ir no marcador. O resultado foi de 3 a 3.
No segundo cuarto o Teucro tivo mais opcións pero botouse en falla un lanzador coma Anxo Lois que non puido asistir, un penalti errado, ou mais ben acerto do porteiro do Caselas que puido decantar o resultado a favor do Teucro. Resultado 2 a 2.
No terceiro cuarto fallouse case todo. Lanzamentos mal seleccionados, outro penalti, non finalizamos ben polos extremos. Ben traballado en defensa para conter as penetracións do Caselas ou os pases ó pivote. Resultado 1 a 1.
Na cuarta quenda fallaron as forzas, e o cansancio fixo mella, sobretodo en defensa, donde o Caselas aproveitou para marcar. En ataque tamen se reflexou o cansancio e o resultado foi de 2 a 5.
¡¡¡ Este equipo gañounos todo-los tempos na primeira volta. O Teucro estivo a punto de gañar polo menos tres cuartos, e sen lanzador, por suposto hai moito que mellorar, pero a progresión e notabel !!!.
¡¡¡ Teucro, Teucro, Arriba !!!
1º CUARTO Teucro : 3 Salceda de Caselas: 3
2º CUARTO Teucro : 2 Salceda de Caselas: 2
3º CUARTO Teucro : 1 Salceda de Caselas: 1
4º CUARTO Teucro : 2 Salceda de Caselas: 5
Xogadores: Miriam Blanco, Andrés Cáceres, Natalia Maquieira, Hugo Marrero, Raquel Muñoz, Juan Sobral, Sergio Pérez, Anxo Vidal, Sergio Martínez, Miguel Jimenez e ausencia de Anxo Lois.
Esto es Balonmanoazul ![]()
Lalin Arena Hora:10:00 Sábado 21/04/12
Bo encontro xogado polo noso Teucro Alevin B, tendo opcions de polo menos empatar algún parcial.O resultado foi engañoso, pola diferencia abultada do marcador..
O primeiro cuarto salimos ben pero a maior efectividade dos lanzadores de Lalín decantou o resultado inicial. Solo nos superaban polo medio e pola maior talla dos primeiras lineas. En ataque un pouco o de toda a tempada. Chegamos ben á liña de seis metros pero non somos eficaces no lanzamento (esto é normal, ainda falla experiencia). O resultado foi de 6 a 2 para o Lalín
No segundo cuarto o Teucro tivo mais opcións para disputarlle o cuarto ó Lalín, pero entre os lanzamentos ó pau e algún penalti que se fallou o resultado foi parello ó do primeiro cuarto, 5 a 2.
No terceiro cuarto fallouse case todo. Lanzamentos mal seleccionados, non finalizamos ben polos extremos e os contraataques non se culminan. O gol de honrra deste cuarto meteuno Miriam desde o pivote despois de un pase dos que se poideron facer mais.
O derraadeiro tempo, xa sen presión, estivo moi disputado ate que Hugo, o porteiro se lesionase. Tivo que poñerse na portería o noso pequeno Miguel que o fixo moi ben pero non podía cos lanzamentos altos que aproveitou o Lalín para lanzarlle vista a estatura de Miguel.
¡¡¡ Estivo moi ben rapaces e rapazas, por supoto hai moito que mellorar, pero entrenando ben, conseguirase !!!.
Xogadores:
Miriam Blanco, Andrés Cáceres, Anxo Lois, Natalia Maquieira, Hugo Marrero, Raquel Muñoz, Juan Sobral, Sergio Pérez, Anxo Vidal, Miguel Jimenez e ausencia de Sergio Martínez.
1º CUARTO Lalín : 6 Teucro : 2
2º CUARTO Lalín : 5 Teucro : 2
3º CUARTO Lalín : 6 Teucro : 1
4º CUARTO Lalín : 10 Teucro : 5
Esto es Balonmanoazul ![]()
Bo partido do Teucro que nesta quenda voltou gañarlle ó Lavadores B. Non hai moito que contar xa que a superioridade do Teucro non deixou que o Lavadores tivera opción de gañar algún parcial.
No primeiro cuarto un pouco fríos , pero ben en defensa. Os espazos que deixaba a defensa do Lavadores B, eran aproveitados polos laterales do Teucro para penetrar “ata a cociña”. Os seguintes parciales foron moi parecidos. A diferencia no marcador fixo que o Teucro se relaxara un pouco en defensa nalgún dos cuartos, pero non perigrou en ningún momento o resultado.
¡¡¡ Estades no bo camiño, agora a gañarlle a algún rival que vos gañara na primeira volta !!!
Xogadores:
Miriam Blanco, Andrés Cáceres, Anxo Lois, Natalia Maquieira, Hugo Marrero, Raquel Muñoz, Juan Sobral, Sergio Pérez, Anxo Vidal, Miguel Jimenez e Sergio Martínez.
|
1º Cuarto |
Teucro |
5 |
Lavadores B |
2 |
|
2º Cuarto |
Teucro |
8 |
Lavadores B |
4 |
|
3º Cuarto |
Teucro |
7 |
Lavadores B |
2 |
|
4º Cuarto |
Teucro |
6 |
Lavadores B |
2 |
Esto es Balonmanoazul ![]()
JORNADA NÚMERO 20 25/03/2012
Esto es Balonmanoazul ![]()
Pabellón A Xunqueira Sábado 10/03/2012
A seman pasada non xogamos por descanso.Non podemos descansar.
Igual que despois do Nadal, os paros non nos sentan ben.Saliron mal, descolocados, mal en defensa e en ataque. En xeral sairon durmidos.
No primeiro cuarto meteronnos tres goles rápidos que non nos deixa tempo a reaccionar levando a rastras o resultado todo o parcial e chegando o final do mesmo cunha clara diferencia encontra por 2 a 9.No segundo cuarto houbo reacción e estivemos a punto de gañalo, pero a fortuna tampouco nos axuda as veces. Moito lanzamento ó “muñeco” e con pouca decisión á hora de entrar “ata a cociña” e lanzar, (normal, ainda estamos aprendendo, ¡¡pouco apouco!!), como mínimo merecemos un empate que non se deu neste parcial, 1 a 2.
No tercer cuarto voltou a páxara. O Bueu At. Superanos en ataque e anota fácilmente, ainda que por momentos o Teucro é capaz de frenar o ataque do Bueu con unha boa defensa, pero ó non acertar en ataque, a diferencia neste tempo é notável. 0 a 6.
O último cuarto foi puro trámite. Os nosos coa moral baixa non son capaces de frenar as rapazas do Bueuq ue se impoñen tamen no derradeiro parcial. 1 a 4.
Esperábamos um pouquinho mais, pero estamos moi contentos co voso traballo nen@s. Animo e esforzo, para logo recoller o froito.
Xogadores: Miriam Blanco, Andrés Cáceres, Anxo Lois, Natalia Maquieira, Hugo Marrero,Raquel Muñoz, Juan Sobral, Sergio Pérez,Anxo Vidal, Miguel Jimenez e Sergio Martínez.
Crónica: Xulio Blanco
Esto es Balonmanoazul ![]()
Por pouco.
Estivo moi entretenido o partido desta semana. Empezamos a medir a progresión dos pequen@s. Despois de que na primeira volta o Porriño nos dera unha paliza, nesta ocasión, despois de catro meses xa non lles foi tan fácil gañar. En todo momento houbo partido, exceptuando o primeiro cuarto n oque a “páxara” dos comezos fixo que se perdera con claridade. Bastante ben en defensa. O Teucro coa defensa organizada costaballes moito facer gol. En ataque un pouco atascados. Non se move suficiente o balón e queremos chegar e encher.
No primeiro cuarto o Porriño superounos, entrando mais conectados ó partido. O Teucro entre que se mete no partido ou non, xa ten o cuarto perdido.
Nondábamos atinado en ataque, con poucos lanzamientos e mal seleccionados.Parecia que estaban ansiosos por marcar e eso perxudicaballes.
No segundocuarto houbo reacción do Teucro, que mais enchufados, con boa defensa eun pouco mais de fortuna en ataque, puido levarse o parcial po 3 a 1.O terceirocuarto segue igualado, resultdo corto con moita imprecisión para osdous equipos. A pouco que nos axudara a sorte houberamos levado estacuarto como vitoria. O resultado deste tempo foi de empate.
O derradeiro cuarto decantouse para a maior experiencia do Porriño que conun resultado moi axustado levase o cuarto por 2 a 3 e o partido por 3puntos a 5 puntos.
¡¡¡Bueno, bueno,!!! .. que se preparen que xa somos competitivos e ó mellor damos algunha sorpresa.
1º cuarto: Teucro 2 Porriño 62º cuarto: Teucro 3 Porriño 1
3º cuarto : Teucro 2 Porriño 2
4º cuarto : Teucro 2 Porriño 3
Crónica: Xulio BlancoEsto es Balonmanoazul ![]()
Comenzou o Teucro o partido un pouco descentrado . O SAR presionaba individual e rouba balons e xogando moito co pivote que se xiraba ben e marca varios goles, o que fai que en poucos minutos se vaia no marcador. O Teucro mal en ataque non atina cos lanzamentos pero en defensa corrixe e empeza a defender mellor ó pivote do SAR. No primeiro cuarto non da tempo a que o Teucro reaccione e perdeo por 4 – 2.
O segundo cuarto foi de dominio do Teucro que marcou rápido e controlou o resultado do parcial con unha boa defensa e acertados en ataque, algun gol de contraataquee unha vez que correxiron o tiro e empezaron a tirar abaixo como lles indicou o entrenador. Resultado de 3 – 7.
O terceiro cuarto comeza igual que oprimeiro pero coa defensa xa metida no partido e sin deixar que o SAR meta goles fáciles, en ataque mais do mesmo, tiros arriba que o porteiro (moi alto) rechaza ou saen por pouco. Os ultimos minutos son un correrúas para os dous equipos e na última xogada, os arbitros pitan penalti a favor do SAR, xa co tempo cumplido e o marcador 2-2. Máximatensión que parecía que lle iba fastidiar ó Teucro o bo traballo feito nese cuarto, pero apareceu o porteiro Hugo que con unha boa intervención saca un penalti decisivo.
O derradeiro cuarto foi moi igualado, pero o Teucro aguantou un pouco mellor o cansancio e puido facerse con este cuarto por 1 – 4, cosechando así a terceira victoria e conseguindo 5 puntos.
Moi,moi ben rapaciñ@s. Pasiño a pasiño ándase o camiño.
Crónica : Xulio Blanco
Sábado 11/02/12 Hora: 12:30 Lugar: Multiusos a Xunqueira
Bo encontro na casa. Seguimos mellorando.
Aindaque o resultado foi negativo, a sensación que nos queda é agradable despois de poñérllelo moi difícil a un equipo que vai na parte alta da clasificación.
Boa defensa pero en ocasións insuficiente para parar o ataque do Octavio que ten uns lanzadores e fintadores moi bos.
En ataque non tan ben coma en defensa pero movéndoseben e chegando a crear ocasións que nonse culminaban polos postes ou o porteiro.
No primeiro cuarto gaña o Octavio (1-4) pola mellor selección de tiro e polo contraataque
No segundo cuarto o Teucro ten posibilidades de empatar o encontro en varias ocasións pero non o consigue.
O terceiro cuarto era doTeucro.
Empeza marcando o Teucro, ó Octavio cústalle moito empatar. O Teucro ten varias ocasións para irse de dous pero ou facían pasos antes de lanzar ou pisaban a liña de seis metros. No derradeiro minuto con resultado 1-1, penalti a favor do Teucro, lanza Migui pero o porteiro rechaza, recolle Migui o rechace, e o porteiro volta a parar o lanzamento. Nesa xogada, contraataque do Octavio faltando poucos segundos, lanza e marca un gol que entra chorando. Mala sorte para o Teucro que perde o cuarto inmerecidamente.
O derradeiro cuarto volveu agañar o Octavio, xa sen presión do marcador e polo golpe moral que lle produciu ó Teucro o resultado do terceiro cuarto.
¡¡¡Seguide así !!! que a diferencia de xogo entre os equipos de arriba e o Teucro cada día é mais corta..
Sábado 04/02/12 Hora: 12:30 Lugar: Multiusos a Xunqueira
Os partidos da casa atragantanse.
Despois dunha vitoria en Vigo a semana pasada, o enfrontamento con un equipo que vai por riba na clasificación, ía ser todo un reto para os nos@s pequen@s .
En ningún momento púidose facer o Teucro con este partido. O Moaña foi superior sobretodo no contraataque.
A diferencia estivo na subida do balón rápida e no potente lanzamento das xogadoras do Moaña.
Con dúas boas xogadoras,bastoulle ó Moaña para levar de cara sempre o resultado no marcador.
En xeral, bastante atascados en ataque, con poucos recursos cando nos fan unha defensa individual moi presionante.
En defensa bastante ben, aínda que se enfrontaban a un equipo que xoga moito con pase interior (cós pivotes), foron ben defendidos.
¡¡¡Escollemos un mal momento para nos acostumar ás vitorias!!!.
Non pasa nada rapaziñ@s, estamos aprendendo moito. So necesitamos que o pasedes ben e desfrutedes co Balonmán, os resultados veñen chegando pouco a pouco.
¡¡¡Animo e a seguirprogresando!!!!
Xogadores: Miriam Blanco, Andrés Cáceres, AnxoLois, Natalia Maquieira, Hugo Marrero, Juan Sobral, Sergio Pérez , Anxo Vidal, Sergio Martínez, MiguelJiménez e ausencia de Raquel Muñoz.